Este é un evento repetitivo

Gran Hotel de las Reinas

07out20:30Gran Hotel de las ReinasESPECTÁCULOS | Desde 26,40€20:30(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Tras o éxito da pasada edición, o ‘Gran Hotel de las Reinas‘ abre as súas portas cun show completamente renovado e dosis extra de fantasía. As 12 participantes da Temporada 2 do aclamado programa de talentos Drag Race España convertiranse nunhas hóspedes moi especiais dispostas a revolucionar o hotel coas súas arrasadoras personalidades.

Estrella Xtravaganza, Sharonne, Drag Sethlas, Samantha Ballentines, Venedita Von Däsh, Jota Carajota, Ariel Rec, Marisa Prisa, Juriji Der Klee, Marina, Onyx y Diamante Merybrown despregarán todo o seu talento para deixarnos coa boca aberta e a cabeza noutro planeta. Un espectáculo conducido por unhas mestras de cerimonia de luxo e acompañado por un servizo de mozo tan atractivo como camaleónico. Novas tramas, música, baile, lip syncs, estilos de infarto, actuación, humor e moitas sorpresas. Ten vostede xa a súa reserva?

Venres 7 e sábado 8 ás 20:30
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo

Entradas á venda a través de www.teuticket.com

Posibilidade de mercar entrada preferente Meet&Greet: inclúe as mellores localidades,coñecer ás artistas 2h e media antes do comezo do espectáculo e acreditación oficial do Gran Hotel.

Máis