
GRAN GALA INTERNACIONAL DE MAXIA "GALICIA ILUSIONA"
Detalles do eventos
Gran Gala Internacional “Galicia Ilusiona”: Unha selección dos mellores números do ilusionismo mundial, unha oportunidade única de ver sobre o mesmo escenario aos máis premiados magos e magas
Detalles do eventos
Gran Gala Internacional “Galicia Ilusiona”: Unha selección dos mellores números do ilusionismo mundial, unha oportunidade única de ver sobre o mesmo escenario aos máis premiados magos e magas do planeta.
Todo iso, conducido pola gran Esther Estévez, a comunicadora galega de moda, que se adentra por primeira vez no mundo da maxia.
Na gala, participarán:
- Hyun Joon Kim (Corea): Primeiro Premio Mundial de Manipulación. Miles de cartas aparecen na punta dos seus dedos a un ritmo vertixinoso.
- Jimmy Delp (Estados Unidos): Premio Mellor Mago Cómico. Como recentemente sacado dunha serie de debuxos animados, este mago recrea situacións totalmente insólitas.
- Arno (Francia): Mellor acto de Maxia Xeral. Un dos números máis aplaudidos e premiados da historia da maxia mundial. Pura maxia que lembrarás sempre.
- Huang Zheng (China): Premio Aneis Máxicos. Presenta o seu galardoado número “Aire”, unha proposta coidada e poética, trasládanos ao mundo da maxia oriental.
- Dani Polo (Galicia): Premio Ali Bongo, meigo revelación europeo 2018. A súa especialidade son as grandes ilusións. Persoas que aparecen da nada, voan ou se teletransportan, todo é posible!
Máis
Hora
9 outubro, 2022 18:30(GMT+01:00)