VIALIA
bannerPicnicSesions

Galician Freaky Film Festival: Aniversario 'The thing'

23set22:00Galician Freaky Film Festival: Aniversario 'The thing'FESTIVAIS E FEIRAS | 5,00 €22:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

The Thing (1981) coñecida en España como La Cosa (El Enigma del otro mundo) é un filme de ciencia ficción-terror estadounidense-canadense dirixido por un dos mestres do terror, John Carpenter (Nova York, 1948). Esta obra, vilipendiada na súa estrea e considerada a día de hoxe como un filme de culto, celebra neste 2022 o seu corenta aniversario.

O filme, que é un remake da obra de Howard Hawks e Christian Nyby, The thing form another world (1951), está considerada a día de hoxe como un dos mellores filmes de terror de todos os tempos grazas á atmosfera de encerro que trasmite toda a película, á música do mestre Ennio Morricone (que foi nomeado as premios Razzies por este mesmo traballo), así como aos seus inesquecibles e orgánicos efectos especiais creados por Robb Bottin, moi na liña da nova carne creada por David Cronenberg. 

A película, que conta cunha precuela (The Thing, 2011) está protagonizada polo benquerido actor Kurt Russell (Massachusetts, 1951), quen xa traballara con Carpenter anteriormente no filme Escape from New York (1981), e quen acabaría converténdose nun dos actores fetiche do director aparecendo noutras traballos como Big Trouble in Little China (1986) ou Escape from L.A. (1996).

Para celebrar o aniversario desta obra  tan querida polos fans do terror e o fantástico, proxectarémola en pantalla grande para goce e desfrute dos máis acérrimos seguidores de John Carpenter.

Máis

Hora

(Venres) 22:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events