REVISTA ABRIL

Galician Freaky Film Festival

29set(set 29)19:0002out(out 2)22:00Galician Freaky Film FestivalFESTIVAIS E FEIRAS | Prezos varios(setembro 29) 19:00 - (outubro 2) 22:00(GMT+02:00) MUTA

Detalles do eventos

GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Un festival que amosa unha coidada selección de pezas audiovisuais que soen verse privadas das canles habituais de distribución. Pezas moitas veces inéditas en Galicia, con grandes estreas mundiais, internacionais e nacionais. Esta quinta edición celebrarase do mércores 29 ao sábado 2 en MUTA.

A inauguración será no Auditorio Municipal do Concello o día 29 ás 19:00h. O acto consistirá na proxección e musicalización en directo de ‘Haxän’, un filme danés do director Benjamin Christensen que neste ano cumpre 99 anos desde a súa estrea. Trátase dunha obra clave da historia do cinema, revolucionaria por mesturar o documental coa ficción, á que se lle engade o compoñente de desfrutar en directo dunha peza composta por e para a ocasión. A atmosfera na que nos somerxerá un ano máis Caspervek Ensemble permitiranos experimentala como os nosos antepasados hai un século.

As entradas están á venda na billeteira do festival.

Tras o acto de inauguración, a acción trasladarase á Sala New Videodrome (Joaquín Loriga, 9), onde o mesmo mércores proxectarase ‘Evil Dead’, a primeira parte da icónica saga de terror homenaxeada no cartel do GFFF deste ano.

A programación continuará ata a tarde do sábado 2 de outubro. Na grella deste ano atopamos 11 bloques de curtametraxes, a proxección de ‘Evil Dead II’, presentacións de libros e audiovisuais, unha mesa cadrada sobre mulleres na industria freak e outra sobre festivais híbridos. Catro días para revivir o espíritu freak dos vigueses.

Máis

Hora

Setembro 29 (Mércores) 19:00 - Outubro 2 (Sábado) 22:00(GMT+02:00)

Localización

MUTA

Rúa de Joaquín Loriga, 9, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events