GALICIA-ARXENTINA: UN BAILE DE IDA E VOLTA

29abr19:00GALICIA-ARXENTINA: UN BAILE DE IDA E VOLTAESPECTÁCULOS | De balde19:00(GMT+02:00) Sede da Deputación de Pontevedra

Detalles do eventos

Festexamos esta cita cun dobre acto nas sedes da institución provincial en Pontevedra e en Vigo, nos que poñeremos en valor o intercambio cultural a través da danza e da música en vivo, en diálogo coa cidadanía e co espazo público.

Desde a Arxentina achegamos o tango, con varias parellas da man dunha arxentina afincada en Vigo e con moita traxectoria: Laura Díez. E que mellor forma de gozar deste baile que cun dúo musical en vivo, El Barullo.

Laura Díez é unha bailarina de tango con máis de 30 anos de traxectoria, que combina a súa faceta como artista profesional coa de docente e xestora cultural, impartindo clases e obradoiros e organizando eventos de tango en toda Galicia, así como encontros e milongas para achegar a disciplina a persoas interesadas de diferentes lugares do territorio.

A achega galega vén da man de

Óscar Cobos Compañía de Danza), cunha traxectoria longa xa moi recoñecida e, neste caso, cunha peza moi especial, subversiva e feminista: Bailador, creada coa música de Berrogüeto. Trátase dunha peza bailada por 9 mulleres en escena, mulleres con diferentes corpos.

 

Máis

Hora

(Venres) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Sede da Deputación de Pontevedra

Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events