COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

“Galegas nas artes” de Isabel Blanco

09nov19:30“Galegas nas artes” de Isabel BlancoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

A avogada viguesa Isabel Blanco presentará o seu novo libro “Galegas nas artes” (editorial Belagua) mañá mércores 9 de novembro ás 19,30 h na planta 7ª de El Corte Inglés.

Un percorrido polas rutas biográficas de 21 mulleres galegas do mundo das artes plásticas e visuais: fotógrafas, pintoras e escultoras —nacidas entre o final do século XIX e a metade do século XX—, que se internaron no eido das artes coa forza do seu talento e o seu espírito de liberdade. 

Isabel Blanco (Vigo, 1962)

Tras gañar diferentes concursos literarios, en 2012 publicou o seu primeiro libro de relatos, Historias de almas inquietas (Belagua, 2015), ao que lle seguiron Los mundos ajenos (Belagua, 2015) e o poemario en galego Verbas cum (Belagua, 2015) ilustrado pola artista Irene Silva Xiráldez.

É autora, ademais, da biografía novelada María Vinyals, un talento rebelde (Belagua, 2018); coautora, xunto á ilustradora Luz Beloso, da colección Rosaura (Belagua, 2018) de álbumes ilustrados infantís (As receitas de Rosaura, Rosaura e o mar e Rosaura, cesteira de Mondariz).

A súa última obra é Galegas na ciencia (Belagua, 2021), ilustrado por María Lapido.

Licenciada en Dereito, exerce en Vigo como avogada especializada en Dereito Matrimonial e de Familia, en violencia de xénero e menores.

Máis

Hora

9 novembro, 2022 19:30(GMT+02:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events