REVISTA ABRIL

Gala Solidaria 'Cada neno, un xoguete'

05dec20:00Gala Solidaria 'Cada neno, un xoguete'AS NOSAS FESTAS | De balde20:00(GMT+01:00) AV San Miguel de Oia

Detalles do eventos

Este domingo 5 de decembro, celebrarase unha gala solidaria no Auditorio de San Miguel de Oia (Vigo), que dará inicio á campaña ‘Cada neno, un xoguete’, cuxo obxectivo é recadar xoguetes novos e usados para repartilos entre todos os nenos e nenas de Vigo que se atopan en situación de desamparo social.

O evento será presentado polas famosas comunicadoras Silvia Fominaya e Beatriz Janeiro, e contará co coñecido humorista e actor Sergio Pazos. Durante a gala, o trío musical formado por Mari Costa, Guillermo Castro e Leshka ofrecerannos un espectacular show de bachata e a Lexión 501 oficial de Star Wars de Spanish Garrison – Galicia Squad sorprenderannos cunha divertida exhibición. Tanto nenos como adultos poderán gozar dunha gala cargada de sorpresas e, sobre todo, de boas intencións, mentres contribúen a que ningún neno quede sen agasallo neste nadal.

O prezo da entrada é de 6 euros e pódese comprar na cantina de San Miguel de Oia, na Nave dos Xoguetes en Alcabre (fronte ao Mundo Pirata Park) e en Zapatería Moderna en Jenaro de la Fuente, 58 baixo (Vigo). Quen non se poida achegar a eses lugares antes da data, tamén pode adquirir a súa entrada na porta do auditorio o mesmo día da gala.

As persoas que asistan ao evento poderán levar xoguetes para a súa doazón o mesmo día da gala. Os xoguetes poden ser novos ou usados, a única condición é que estean en boas condicións para que os nenos poidan gozar deles.

A campaña ‘Cada neno, un xoguete’ estará activa ata o 23 de decembro. Quen queira doar xoguetes, tamén poderá facelo nos seguintes puntos de recollida:

  • Centro Comercial Gran Vía de Vigo (Planta 0)
  • A Bioclinica. Rúa Otero Pedrayo, 4 baixo
  • Xestoría Areal. Rúa Areal 62
  • A cantina de San Miguel de Oia. Av. San Miguel de Oia
  • S. C.D. R. Helios de Bembrive
  • Academia Vivar. Nazario González, 9
  • Estanco Coruxo. Estrada do Vao, 82 baixo
  • Ballerina centro de danza. María Berdiales, 36
  • Asociación deportiva cultural Bombeiros Morrazo (Parque Bombeiros Morrazo, Polígono industrial Castiñeiras, 36, Bueu.)
  • Xpress Mensaxeiros. Travesía de Vigo, 53, entresollado B

Os xestores desta iniciativa son as asociacións sen ánimo de lucro STOP e INICIATIVA LOCAL. Eles recollerán, desinfectarán e envolverán os xoguetes doados e entregaranos, na súa maioría, a diferentes asociacións locais para que os distribúan entre familias desfavorecidas. Os demais xoguetes quedarán no almacén central de Alcabre (Vigo) e serán entregados ás familias necesitadas que o soliciten.

Esta iniciativa naceu en 2009 e, desde entón, entregáronse máis de 40.000 xoguetes a familias necesitadas. Máis de 40.000 sorrisos de nenos e nenas ao ver que hai un agasallo debaixo da árbore de Nadal.

Máis

Hora

(Domingo) 20:00(GMT+01:00)

Localización

AV San Miguel de Oia

36390, Camiño Currás, 34, 36390 Oia, Pontevedra

Other Events