COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

'Gaiteiros ao piano. 18 pezas de mestres da gaita para piano elemental'

07xuñ19:00'Gaiteiros ao piano. 18 pezas de mestres da gaita para piano elemental'CONCERTOS |-19:00(GMT+02:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

Xaime Estévez Vila (Profesor superior de Musicoloxía, Pedagoxía Musical, Linguaxe Musical e Piano; Doutor en Ciencias da Educación; Catedrático de Música en Secundaria; Premio Fundación Guerrero de musicoloxía do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid polo traballo sobre a vida e obra do mestre Soutullo -1992- e Premio Extraordinario de doutorado da UNED -2006- pola tese sobre a aplicación didáctica da música galega):

“Cando descubrín a miña vocación pola música encetei de primeiras piano e ao pouco coa gaita. Dende sempre lembro “xogar” coas melodías tradicionais no teclado. Entre o piano e a gaita (e tamén a zanfona, acordeón ou a frauta) certas melodías foron facéndose familiares na miña paisaxe sonora instrumental. Por último xuntáronse hai pouco varias ideas que confluíron finalmente neste álbum de pezas para piano. Con toda humildade estou agradecido e orgulloso de tributar este recoñecemento á tradición musical coa honestidade que me fai incluír a estes gaiteiros e gaiteiras como parte imprescindible da mellor cultura galega que permite que a tradición siga viva a través das mulleres e homes do presente”.

Máis