G-Night: Noite estrelada na biblioteca. Observación, expo e concerto
Detalles do eventos
A G-Night levará a ciencia a rúas, museos, praias e bares. No ano do seu décimo aniversario, a Noite europea das persoas investigadoras regresará este outono a Galicia
Detalles do eventos
A G-Night levará a ciencia a rúas, museos, praias e bares. No ano do seu décimo aniversario, a Noite europea das persoas investigadoras regresará este outono a Galicia con folgos renovados, da man dunha decena de universidades, centros e institutos de investigación, coordinados pola UVigo. Coa creatividadee a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, e baixo o lema Conciencias creativas.
Observación astronómica virtual, exposicións e concerto.
Actividades dirixidas por Ana Mª Ulla Miguel, astrónoma e astrofísica da Universidade de Vigo.
20.00h | Observación astronómica virtual
21.00h | Obradoiro de orientación astronómica e de manexo de planisferio dende a azotea da Biblioteca
Ás 22.15h concerto á luz da lúa do grupo vigués Tinta (blues e soul).
Visita libre das exposicións:
- “Con A de astrónomas” que relata as aportacións das mulleres á astronomía.
- Astro-artística e telescopio transparente
- A estrela Rosaliía de Castro e o seu planeta asociado Río Sar
- Facsímiles e libros sobre astronomía
- Paneis divulgativos con información da produción científica de astronomía e astrofísica e sobre as consecuencias da contaminación lumínica na biodiversidade.
50 prazas, reserva a túa aquí.
Máis
Hora
24 setembro, 2021 18:00(GMT+01:00)
Localización
Biblioteca Central Universidade de Vigo
Biblioteca Central, Rúa Leonardo Da Vinci, 36310 Vigo, España