G-Night: Noite estrelada na biblioteca. Observación, expo e concerto

24set18:00G-Night: Noite estrelada na biblioteca. Observación, expo e concertoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+02:00) Biblioteca Central Universidade de Vigo

Detalles do eventos

A G-Night levará a ciencia a rúas, museos, praias e bares. No ano do seu décimo aniversario, a Noite europea das persoas investigadoras regresará este outono a Galicia con folgos renovados, da man dunha decena de universidades, centros e institutos de investigación, coordinados pola UVigo. Coa creatividadee a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, e baixo o lema Conciencias creativas.

Observación astronómica virtual, exposicións e concerto.

Actividades dirixidas por Ana Mª Ulla Miguel, astrónoma e astrofísica da Universidade de Vigo.

20.00h | Observación astronómica virtual
21.00h | Obradoiro de orientación astronómica e de manexo de planisferio dende a azotea da Biblioteca

Ás 22.15h concerto á luz da lúa do grupo vigués Tinta (blues e soul).

Visita libre das exposicións:

  • “Con A de astrónomas” que relata as aportacións das mulleres á astronomía.
  • Astro-artística e telescopio transparente
  • A estrela Rosaliía de Castro e o seu planeta asociado Río Sar
  • Facsímiles e libros sobre astronomía
  • Paneis divulgativos con información da produción científica de astronomía e astrofísica e sobre as consecuencias da contaminación lumínica na biodiversidade.

50 prazas, reserva a túa aquí.

Máis

Hora

(Venres) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Biblioteca Central Universidade de Vigo

Biblioteca Central, Rúa Leonardo Da Vinci, 36310 Vigo, España

Other Events