REVISTA ABRIL

G-Night: Neuston Experiment 2, Sounds of Science

24set18:00G-Night: Neuston Experiment 2, Sounds of ScienceACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

A G-Night levará a ciencia a rúas, museos, praias e bares. No ano do seu décimo aniversario, a Noite europea das persoas investigadoras regresará este outono a Galicia con folgos renovados, da man dunha decena de universidades, centros e institutos de investigación, coordinados pola UVigo. Coa creatividadee a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, e baixo o lema Conciencias creativas.

Neuston Experiment 2, Sounds of Science: Forma parte viva deste experimento de arte e ciencia! Goza coa performance de Mónica de Nut e o Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC!

No marco do Proxecto Neuston, un diálogo entre a Ciencia e a Arte e iniciado hai anos no IIM-CSIC, esta acción consistirá nunha performance realizada pola artista Mónica de Nut baseada nas súas visitas ao IIM-CSIC en Bouzas e as conversas coas persoas investigadoras do centro.

Serán dúas sesións:

A primeira é de 18.00 a 19.30 horas (os asistentes deben chegar ás 17:50h)
A segunda é de 20.00 a 21.30 horas (os asistentes deben chegar ás 19:50h)

Mónica de Nut canta ópera, jazz, música de raíz e música experimental que mestura coa interpretación teatral e a danza contemporánea. Na acción Sounds of Science realizará cinco intervencións musicais e performativas onde a voz será a protagonista. A súa voz irá acompañada de sons gravados previamente, obtidos do medio mariño, dos laboratorios e instalacións de investigación do IIM-CSIC (por exemplo, dos acuarios do centro). Tamén escoitaremos sintetizadores e diferentes elementos como cunchas, auga ou area.

A preparación das composicións musicais creadas para o evento reflectirán os diálogos entre a artista e o persoal científico do IIM-CSIC. Durante o acto, varias persoas do centro unirán as súas voces á de Mónica, para compartir cos asistentes datos, explicacións, experiencias e ideas que relacionarán os sons co coñecemento sobre o medio mariño e as investigacións que realizan.

Reserva a túa praza aquí.

Máis