VIALIA
bannerPicnicSesions

Future Stories

07out11:00Future StoriesARTE E MUSEOS | De balde11:00(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

Dez estudantes de Belas Artes expoñen os seus traballos de fin de grao no Museo MARCO entre o 7 de outubro e o 8 de xaneiro. A exposición Future Stories foi producida grazas as becas da Fundación MOP para impulsar as carreiras de novos artistas galegos.

Antía Encisa González, Carmen Suárez Marcos, César Souto Rodríguez, Elsa Bouzas, Juncal A. Castro, Laura Cid Rascado, Lucía Perdiz, Raquel Álvarez Méndez, Sandra Gutiérrez Aldao e Xoel Gómez López son os dez novos artistas seleccionados por un xurado profesional.

A exposición coral conta cunha interesante mestura de técnicas e perspectivas. Atopamos traballos de fotografía, escultura, pintura, debuxo, videoinstalación e ata performance. Os temas e motivacións tamén son de índole variopinta, a obra de Xoel Gómez, por exemplo, é un monólogo íntimo no que escenifica co seu corpo a construcción da súa propia indentidade como persoa non binaria. Pola súa parte, Lucía Perdiz e Raquel Álvarez exploraron o concepto de refuxio, a primeira desde a mobilidade territorial; a segunda desde a seguridade e o abrigo. Outros traballos, como o de Laura Cid, retratan a felicidade a través das aventuras ilustradas dun oso beizudo.

Horario: 

Luns : pechado
Martes a sábado: 11 – 14:30 e 17 – 21
Domingo: 11 – 14:30

Máis

Hora

(Venres) 11:00(GMT+02:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events