COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Furiosa Fest: Pálida

17mai22:00Furiosa Fest: PálidaCONCERTOS | Desde 8,00€22:00(GMT+02:00) Sala Kominsky

Detalles do eventos

Volve FURIOSA!
Creada en 2019 por Rubén Romero (Fosfatina, Maison Ruína) e José Garnelo (Pálida) coa
intención de revitalizar e diversificar a escena electrónica viguesa, FURIOSA volve os días 17 e
18 de Mayo cunha programación musical que aposta pola electrónica de baile na súa vertente
máis hipnótica, emotiva e elegante.
Tras comezar a súa nova etapa cunha exitosa primeira edición en setembro de 2023, Furiosa
continúa a súa asociación coa Sala Kominsky redobrando a aposta: un festival onde o músical
tende a man ao didáctico coa intención de achegar ao seu público as múltiples facetas da
música electrónica.
O line-up, composto por Pálida, Harakiri, John Axiom, Death Wishtle, Gadus Morhua,
Russinha, Juait, Diskoan, e PV3000, abarca un amplo espectro musical, viaxando desde sesións
orientadas a escóitaa ata outras de puro club e pista de baile.
Paralelamente á programación musical, no bar Tinta Negra terán lugar unha mesa redonda
coa participación de Diskoan e Death Whistle e a organización do festival, que versará sobre
“A música electrónica en espazos expositivos”, e o taller “Open Ao vivo Set” de Juanma Lodo, no
que o polifacético artista abre as portas do seu estudo ao público, introduciendoles ás
súas ferramentas, instrumentos e procesos.
FURIOSA terá lugar en Kominsky e Tinta Negra o Venres 17 de 20h a 23h e o Sábado 18 de 17h
a 04:30h.
As entradas anticipadas poden adquirirse por 8€, á venda en Kominsky e Tinta Negra, e en liña
a través da seguinte ligazón: https://entradium.com/events/furiosa-fest

Máis

Hora

17 maio, 2024 22:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Kominsky

Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events