COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

'Fundación Museo de Artes Do Gravado á Estampa Dixital'

24mai19:00'Fundación Museo de Artes Do Gravado á Estampa Dixital'ARTE E MUSEOS| De balde 19:00(GMT+02:00) EMAO

Detalles do eventos

Este Venres da EMAO visítanos Xoán Pastor Rodríguez, director dun dos museos máis importantes de Galicia e de España na súa categoría, xa que alberga unha fantástica colección que acolle cantas técnicas artísticas do gravado operaron dende o século XV ata os nosos días. Con máis de 30.000 gravados de máis de 400 artistas entre o fondo antigo e moderno, no Museo de Artes, ademais de contar cunha ampla programación expositiva moi dinámica, pódense encontrar nos seus fondos estampas de Rafael, Rembrandt, Goya, Dalí, Picasso, Toulouse-Lautrec, Chagall, Saura ou Alberti entre moitos outros, así o Museo e a Fundación cumpren coa tarefa de custodiar ese patrimonio gráfico, conservalo e difundilo xa que moitas das súas estampas son reclamadas en préstamos por museos de todo o mundo. De todo iso e máis falaremos con Xoan Pastor, que nos contará como chegou esta fantástica colección a un pequeno lugar de Ribeira.

Máis

Hora

24 maio, 2024 19:00(GMT+02:00)

Localización

EMAO

36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events