Freetour Vigo: MISTERIOS E LENDAS

28nov20:00Freetour Vigo: MISTERIOS E LENDASACTIVIDADES PARA O COCO | Caixa inversa20:00(GMT+01:00) Porta do Sol

Detalles do eventos

O funcionamento dos roteiros de Freetour Vigo é o seguinte: podes escoller unha das datas marcadas pola organización ou propoñer ti unha a maiores se xuntas a un grupo de cinco persoas, neste caso sempre suxeito á dispoñibilidade dos guías. Os roteiros serán de seis persoas, guía incluído, e o pago se realizará de maneira voluntaria ao final do tour segundo o grado de satisfacción. As reservas poderán realizarse a través de freetourvigo@gmail.com, do 654 22 69 94 ou das súas redes sociais. A continuación, un resumo dos diferentes roteiros e as súas datas:

VIGO STREET ART (22 e 28 Novembro e 6, 12 e 20 de Decembro ás 16h)

Un percorrido polas rúas e recunchos máis auténticos de Vigo onde pararemos a comentar as pezas e os artistas máis destacados da nosa arte urbana e o seu contexto. Obras site specific, unha firma ou tag lendaria e moitas outras sorpresas. Unha ruta chea de cor! Duración aproximada: dúas horas.

MISTERIOS E LENDAS (20 e 28 Novembro e 5, 11 e 20 de Decembro ás 20h)

Galicia é unha terra meiga e Vigo e a súa lendaria ría agochan como non podía ser doutra maneira multitude de misterios e lendas. Percorre ao solpor recunchos cheos de maxia e descobre historias e cousas sorprendentes. Duración aproximada:hora e media

VIGO PARA BUSCADORES DE TESOUROS (todos os días)

free tour máis popular de Vigo, ideal para coñecer o máis importante da nosa historia e cultura. Mergúllate cun experto local e descubre os tesouros da nosa cidade e da nosa ría. Duración aproximada: dúas horas.

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Porta do Sol

Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events