
'FRAGMENTOS' de Alberte A. Pereira
Detalles do eventos
Trátase da presentación dun fotolibro imprescindible, FRAGMENTOS, do fotógrafo Alberte A. Pereira (A Guarda 1964). Alberte é un fotógrafo autodidacta e que traballa de maneira
Detalles do eventos
Trátase da presentación dun fotolibro imprescindible, FRAGMENTOS, do fotógrafo Alberte A. Pereira (A Guarda 1964).
Alberte é un fotógrafo autodidacta e que traballa de maneira independente. A súa fotografía céntrase na rúa, e é a partir de 2012 cando se mete de cheo nesta linguaxe.
Ao longo da súa traxectoria, Alberte Pereira foi seleccionado no TOP 100 de LensCulture Street Photography Awards 2016. Así mesmo foi Finalista no StreetFoto San Francisco 2016, no London Photo Festival 2016 e en Miami Street Photography Festival (MSPF) 2015, e Fragmentos, o fotolibro que vai a presentar o vindeiro sábado 19 de setembro en Apo’strophe sala de arte, abarca un dos seus traballos máis interesantes.
En palabras do propio fotógrafo, FRAGMENTOS “é unha recompilación de xestos, persoas absortas, descontextualizadas, mostrando soamente parte da contorna que as rodea. Ao tempo, pedazos do espazo urbano aparentemente sen interese e sen presenza humana.”
A urbe como unha paisaxe hostil, o bulicio como sinónimo de soidade, e o silencio remarcando o detalle, a mirada…
Data:
19 de setembro
Hora (dúas convocatorias):
-19:30 a 20 h
-20 h a 20:35 h
Lugar:
Apo’ strophe Salga de Arte Praza elíptica
Máis
Hora
19 setembro, 2020 19:30(GMT+01:00)
Localización
Apo'strophe Sala de Arte
Praza Francisco Fernández del Riego, 0, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual
Séguenos nas redes