Portamerica
REVISTA MAIO

Forum IEV: “Retos da Universidade de Vigo”

23xuñ19:30Forum IEV: “Retos da Universidade de Vigo”ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

A Universidade de Vigo é unha universidade que conta con excelentes resultados en docencia, investigación e transferencia, aspirando a ser unha ferramenta útil para a sociedade. Entre as liñas do actual Plan Estratéxico da nosa Universidade hai retos de primeira magnitude, para o amplo desenvolvemento que marca o traballo dos próximos anos.

Aspiramos a estar entre as mellores universidades do mundo, pero tamén a ser un referente en igualdade, facendo a sociedade máis xusta. Tamén aspiramos a apoiar a cultura e a lingua galegas, sendo desde o inicio da nosa creación unha universidade comprometida co galego. E tamén queremos ser unha universidade internacional, captando talento en todos os nosos grupos.

Máis