FÓRA DE PLANO

10dec11:0014:00FÓRA DE PLANOACTIVIDADES PARA O COCO | De balde11:00 - 14:00(GMT+01:00)

Detalles do eventos

Xornada a través de Zoom, redes sociais (streaming a través da web depo.gal)

Co obxectivo de reflexionar sobre a situación da muller no cinema e producción audiovisual, a Deputación de Pontevedra lanza “Fóra de plano”, unha nova xornada da Escola de Igualdade María Vinyals, que terá lugar o xoves, 10 de decembro. Durante a actividade, que será por streaming e para a que xa está aberta a inscrición en www.depo.gal, presentarase o informe de CIMA, Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales, e se anunciará a primeira edición dos premios #Mulleresnofoco, impulsados pola Deputación e a Asociación, para poñer en valor o traballo da muller no audiovisual galego.

“Fóra de plano: as mulleres no audiovisual” comezará o xoves, ás 11 da mañá, coa inauguración da presidenta Carmela Silva e da presidenta de CIMA Cristina Andreu. Estes premios nacen co obxectivo de incentivar o talento, traxectoria persoal e profesional, así como perfís con perspectiva de xénero, activistas polo recoñecemento da muller no sector audiovisual ou impulsoras do emprego feminino no audiovisual galego. Están previstos entregar tres galardóns que porán o foco nas mulleres, situando nun lugar privilexiado o posto que ocupan: ben sexan directoras, produtoras, guionistas ou cámaras.

Posteriormente a socióloga Sara Cuenca presentará o “Informe Anual de CIMA 2020”, no que se analizan os datos estatísticos da presenza da muller no sector audiovisual en España. Tamén Chelo Loureiro, vogal de CIMA e representante da asociación en Galicia, fará un contraste dos datos estatais cos relativos a Galicia e aproveitarase a ocasión para explicar o “Decálogo das Boas Prácticas para combater o sexismo nos relatos audiovisuais”, dirixido á ensinanza e recurso útil para familias e docentes.

Ás 12.00 haberá unha mesa de debate, “Onde estamos as mulleres no audiovisual? Cuestión de plano”, moderada por Chelo Loureiro, directora de Abano Producións, na que participarán Beli Martínez, produtora e representante de “Cinema e Muller”; Mónica Camaño, protagonista de “Nación”, un dos filmes patrocinados polo proxecto “Pontevedra, Plató de Cinema”; e Noemí Chantada, realizadora, fundadora de “Islandia Producciones” e directora da curta “Sorrisos transformadores”, que tamén impulsou a Deputación.

Como complemento da xornada terá lugar unha selección de curtas con perspectiva de xénero que estarán dispoñibles en www.depo.gal, do 10 ao 13 de decembro, para as persoas participantes na xornada, ás que se lle facilitará unha clave de acceso para o seu visionado. Amais, tres das curtas que se poderán ver son candidatas aos Goya 2021: “Carne” de Camila Kater, curta de animación que leva recibido máis de 40 premios internacionais; “Beef” de Ingride Santos, que recolle un retrato adolescente postmillenial; e “Reflejo” de Juan Carlos Mostaza, curta de animación que trata sobre os trastornos de alimentación. Tamén poderase ver “Xoves de comadres” de Noemí Chantada, grande triunfadora do Festival de Cans e Premio do Público no Festival de Málaga; e “Familias” de Sara Bamba e Iván Martín, centrada na violencia na infancia.

Máis

Hora

(Xoves) 11:00 - 14:00(GMT+01:00)