VIALIA
bannerPicnicSesions

Flux: Planet Mu Showcase

12feb20:30Flux: Planet Mu ShowcaseCONCERTOS | Desde 10,00€20:30(GMT+01:00) Radar Estudios

Detalles do eventos

O sábado 12 de febreiro o prestixioso selo inglés Planet Mu, fogar dos artistas de electrónica máis inquietos dos últimos anos, desprazará temporalmente a súa base de operacións de Londres a Vigo, nun evento único no que estarán presentes o seu fundador, o artista de culto Mike Paradinas, coñecido artisticamente por un dos seus alias máis celebrados, µ- Ziq, e unha das figuras máis destacadas da escena electrónica contemporánea. Será en Radar Estudos, nunha nova edición dos eventos FLUX comisariados polos músicos vigueses Yugen Kala.

Paradinas estará acompañado por outros dous artistas do selo, Meemo Comma, que presentará o seu último disco, ‘Neon Genesis: Soul Into Matter²’, inspirado no xudaísmo, a ciencia ficción ou o anime, e o mozo músico portugués Farwarmth, que propoñerá unha viaxe sonora polo ambient máis emocional e visceral.

Sen dúbida, unha data imprescindible para todos os seguidores da electrónica máis arriscada, nunha serán que se prevé histórica.

µ- Ziq / Mike Paradinas
Pioneiro da música electrónica máis rupturista desde fai case trinta anos e responsable do imprescindible selo Planet Mu, é un deses músicos sempre na vangarda e a innovación. Tamén foi un dos poucos artistas en colaborar con Aphex Twin no álbum ‘ Mike & Rich’ e editou discos en selos tan prestixiosos como Virgin, Astralwerks, Warp ou Rephlex, antes de lanzar material no seu propio selo. A súa música ofrece unha poderosa mestura de experimentalismo extremo e accesibilidade a través de melodías e ritmos infecciosos. Unha das figuras históricas (e en plena forma) da electrónica mundial.

Meemo Comma
É o proxecto de Lara Rix Martins, co que produce música ambient e experimental inspirada en diferentes temas, técnicas e conceptos, desde a natureza e a meditación ata a ciencia ficción ou a relixión. Lara presentará o seu último álbum, ‘ Neon Genesis: Soul Into Matter²’, un ambicioso traballo que establece conexións entre o misticismo xudeu ou o anime dos 90 combinados coa cultura jungle e rave.

Farwarmth
O portugués Afonso Arrepia é un mozo músico que crea vastas e emocionais pezas electroacústicas orquestrais. Alimentándose continuamente da experimentación e a colaboración con outros artistas, tamén forma parte dos dúos HRNS e Purga, e o colectivo artístico 00: NEKYIA. A súa última aventura sonora, titulada ‘ Momentary Glow’ está construída sobre un intercambio emocional que dá forma a algo que non podería ser logrado por se só.

Máis

Hora

(Sábado) 20:30(GMT+01:00)

Localización

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events