REVISTA ABRIL

Flux: Canadian Rifles + Ivankova

11out21:00Flux: Canadian Rifles + IvankovaCONCERTOS | Desde 8,00€21:00(GMT+02:00) Radar Estudios

Detalles do eventos

As series de eventos FLUX, de marcado carácter de propostas audiovisuais de vangarda, e comisariadas polos músicos vigueses Yugen Kala, cumpren un ano, cunha programación de impacto ó longo dos meses de outubro e novembro, e unha selección inédita de artistas nacionais e internacionais que na maioría dos casos tocarán en España por primeira vez. 

Todos os concertos e sesións de DJ se celebrarán na sala Radar Estudios, coa excepción do 31 de outubro, que se celebrará en Mondo Club. O ciclo comeza o sábado 8 de outubro cos directos do rapeiro e activista ugandés Ecko Bazz e o artista sonoro italiano STILL, que combina a electrónica experimental cos sons de Etiopía e Xamaica. Estarán acompañados polo selector de orixe senegalesa afincado en Barcelona Baba Sy.

martes 11 de outubro (véspera de festivo), chega o turno do showcase do selo portugués Eastern Nurseries, cos directos do músico experimental de Porto Canadian Rifles e da madrileña Ivankovà, que transita polas paisaxes sonoras utilizando o mantra e a repetición en composicións de longo desenvolvemento. 

sábado 22 de outubro chegará unha das datas mais incendiarias do aniversario. A estadounidense AMAZONDOTCOM é unha das artistas de electrónica do momento en todo o mundo. O seu estilo tenso e rítmico soa a un conxunto de mutacións de dembow e electrónica alieníxena. Xunto a ela, os sudafricanos Phelimuncasi (Nyege Nyege) despregarán os seus ritmos mutantes e baixos penetrantes abanderados do son Gqom. 

A noite do Samaín31 de outubro, acollerá a sobrecolledora sesión dupla do lisboeta DJ Narciso (Príncipe Discos) e o londinense Endgame (Hyperdub/Planet Mu), acompañados polo local Tela Terrible.

domingo 6 de novembro, FLUX despedirá o seu primeiro aniversario coa estrea en España do inglés Rainy Miller,  un compositor e cantante que transita polo Pop e Soul turbios e retorcidos e a electrónica mais visceral.

Sen dúbida, unha celebración por todo o alto para este primeiro ano de FLUX, cunha programación expansiva e arriscada que pon de manifesto que Yugen Kala, ademais de músicos e DJ’s de indudable talento, con tan só 19 anos revélanse tamén coma programadores de exquisito gusto e valentía. 

Máis

Hora

(Martes) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events