REVISTA ABRIL

FLUX: AMAZONDOTCOM + Phelimuncasi

22out21:00FLUX: AMAZONDOTCOM + PhelimuncasiCONCERTOS | Desde 10,00€21:00(GMT+02:00) Mondo Club

Detalles do eventos

As series de eventos FLUX, de marcado carácter de propostas audiovisuais de vangarda, e comisariadas polos músicos vigueses Yugen Kala, cumpren un ano, cunha programación de impacto ó longo dos meses de outubro e novembro, e unha selección inédita de artistas nacionais e internacionais que na maioría dos casos tocarán en España por primeira vez. 

Este sábado 22 de outubro chegará unha das datas mais incendiarias do aniversario con dous directos e dúas sesións de DJ. A estadounidense AMAZONDOTCOM é unha das artistas de electrónica do momento en todo o mundo. O seu estilo tenso e rítmico soa a un conxunto de mutacións de dembow e electrónica alieníxena. Con actuacións destacadas en eventos coma Boiler Room, Red Bull Music Festival e Mutek México, Stella Ahn busca colapsar o xénero electrónico, e utliliza a intuición e as formas libres para construír estruturas, ritmos e sons. 

Os sudafricanos Phelimuncasi (Nyege Nyege) despregarán os seus ritmos mutantes e baixos penetrantes abanderados do son Gqom. Recentemente aterrados do prestixioso festival polaco Unsound, a súa música éstá ricamente imbuída dunha inmensa tradición narrativa que se remonta ao toyi-toyi do sur de África e utiliza o canto espontáneo, similar a un mantra, e as vocais vibrantes en lingua zulú. 

A noite a completan os locais, e mentes pensantes e creadoras de FLUX: TTO Kinho

Apenas sen respìro despois da festa do sábado, a noite do Samaínluns31 de outubro, acollerá a sobrecolledora sesión dupla do lisboeta DJ Narciso(Príncipe Discos) e o londinense Endgame (Hyperdub/Planet Mu), acompañados polo local Tela Terrible.

Máis

Hora

(Sábado) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Mondo Club

Rúa de Joaquín Loriga, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events