REVISTA ABRIL

Flux 17:  Rainy Miller

06nov21:00Flux 17:  Rainy MillerCONCERTOS | Desde 8,00€21:00(GMT+01:00) Radar Estudios

Detalles do eventos

Rainy Miller é un artista multidisciplinar e xefe do selo Fixed Abode, proveniente de Preston, Inglaterra que estreará en Flux o seu proxecto máis ambicioso ata a data: DESQUAMATION (Fire, Burn. Nobody). Un traballo emocionalmente visceral que avanza e esténdese a través dun mundo sonoro de pop retorto e exercicios lacónicos que consolidarán a posición de Miller á vangarda da música electrónica contemporánea; empuxando á cultura para avanzar, contando con colaboradores como Blackhaine, Maxwell Sterling, Space Afrika ou Jam City

A súa música é un ambiente electrónico turbio que se ve perforado pola súa voz única mediante fondos de soul ambiental matizados e inquietantes atmosferas desgastadas. Unha clase maxistral sobre como atopar forza na vulnerabilidade, un esforzo concertado para aceptar o pasado, ao servizo dunha reflexión poética e emocionalmente penetrante sobre a procedencia, a superación da perda e a procura do lugar dun no mundo.

Máis

Hora

(Domingo) 21:00(GMT+01:00)

Localización

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events