Flavita Banana: presentación libro + exposición

16mar19:30Flavita Banana: presentación libro + exposiciónACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

Presentación libro “Archivos Lunares” + exposición “Los auténticos originales”.

Flavita Banana (1987) defínese a si mesma como viñetista e pensadora, de Barcelona e nada en 1987. Nunca deixou de debuxar, e a proba diso é que publica diariamente en Instagram, colaborou en medios como S Moda, El País, La Maleta de Portbou, Orgullo y Satisfacción ou Mongolia, e publicou Las cosas del querer (Lumen, 2017), Archivos estelares (Caramba!, 2017) e Archivos cósmicos (Caramba!, 2019). En 2018 gañou o Premio Internacional de Humor Gat Perich e agora acaba de publicar un novo volume de máis de 200 páxinas, “Archivos Lunares” no que recompila os mellores chistes que debuxou neste último par de anos. Un novo libro debuxado co seu característico e inconfundible trazo, infestado de moita risa e grandes doses de verdade.

“Flavita Banana parece que leva toda a vida no oficio”, comenta Andreu Buenafuente no prólogo a este volume. “Ese estilo intemporal do seu traballo sitúaa fóra de modas e tendencias, outórgalle por méritos propios un status de única, inimitable e atreveríame a dicir que clásica. Poderás ler estas coleccións dentro de moitos anos e seguirás pensando que falan de ti”.

Unha marabilla de libro que Flavita presentará este XOVES, ás 19:30h, en Galería Maraca, onde ademais aproveitará para inaugurar unha exposición con preto de 40 debuxos orixinais de Flavita.

Máis

Hora

16 marzo, 2023 19:30(GMT+02:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events