
02xul21:00FIXE TRIOCONCERTOS | De balde21:00 Deilán praia
Detalles do eventos
Este verán volve a música ao chiringuito de Deilán Praia. Fixe Trío son cancións do mundo, unha viaxe atlántica a través dun universo de composicións
FIXE TRIO
Este verán volve a música ao chiringuito de Deilán Praia.
Fixe Trío son cancións do mundo, unha viaxe atlántica a través dun universo de composicións orixinais e temas populares arranxados e interpretados por este trío musical.
Este proxecto agroma da vontade de xerar un espazo onde poder expresar inquedanzas e desexos a través da música. Veñen de ámbitos culturais diversos e comparten a idea da música como canle de expresión e comunicación libre e transgresora.
Os instrumentos principais son a voz, o cello e a guitarra, e tamén aparecen outros timbres como violíns, frautas e diversos instrumentos de percusión. Con eles e cunha escenografía coidada crean un ambiente acolledor que convida ao público e a outras amigas músicas a participar dos seus emocionantes concertos.
Fixe é unha voz coloquial moi utilizada no portugués de Portugal para se referir a algo con cualidades positivas.
Máis

(Sábado) 21:00
Deilán praia
barciela 95 (14,14 km) 36142 Vilaboa