Filmoteca: 'LA MARIÉE ÉTAIT EN NOIR' de FRANÇOIS TRUFFAUT
Detalles do eventos
Primeira adaptación por parte de Truffaut dunha novela negra de William Irish, ao que o cineasta cualificou de “artista do medo, do espanto e das noites en vela”,
Detalles do eventos
Primeira adaptación por parte de Truffaut dunha novela negra de William Irish, ao que o cineasta cualificou de “artista do medo, do espanto e das noites en vela”, por outra banda connotado como excelente retratista de personaxes femininos. O marido de Julie Kohler (magnífica Jeanne Moreau) morre tiroteado nas escaleiras da igrexa onde ambos acaban de casar. Julie identifica a cinco homes implicados e comeza a súa particular vinganza. Truffaut robustece o filme cunha boa nómina de colaboradores: o camarógrafo Raoul Coutard; o compositor Bernard Herrmann e un elenco onde sobresaen brillantes secundarios como Michael Lonsdale, Charles Denner, Michel Bouquet ou Claude Rich.
Máis
Hora
4 novembro, 2021 20:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra