REVISTA ABRIL

Filmoteca: 'LA MARIÉE ÉTAIT EN NOIR' de FRANÇOIS TRUFFAUT

04nov20:00Filmoteca: 'LA MARIÉE ÉTAIT EN NOIR' de FRANÇOIS TRUFFAUTACTIVIDADES PARA O COCO | 2,00€20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Primeira adaptación por parte de Truffaut dunha novela negra de William Irish, ao que o cineasta cualificou de “artista do medo, do espanto e das noites en vela”, por outra banda connotado como excelente retratista de personaxes femininos. O marido de Julie Kohler (magnífica Jeanne Moreau) morre tiroteado nas escaleiras da igrexa onde ambos acaban de casar. Julie identifica a cinco homes implicados e comeza a súa particular vinganza. Truffaut robustece o filme cunha boa nómina de colaboradores: o camarógrafo Raoul Coutard; o compositor Bernard Herrmann e un elenco onde sobresaen brillantes secundarios como Michael Lonsdale, Charles Denner, Michel Bouquet ou Claude Rich.

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events