FICBUEU

11set(set 11)19:3019(set 19)21:30FICBUEUFESTIVAIS E FEIRAS | Prezos varios19:30 - 21:30 (19)(GMT+02:00) Bueu

Detalles do eventos

O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu celebra a súa 13ª edición entre o 11 e o 19 de setembro con todas as medidas de seguridade necesarias fronte a Covid-19 O Centro Social do Mar acollerá a proxección de máis de 80 filmes, entre outras actividades complementarias como charlas, música, humor e gastronomía.

O FICBUEU nace en 2008 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto. A crecente creatividade detectada en Galicia, en Europa e no resto do mundo, non se correspondía coa limitada oferta da nosa contorna, copada polas producións comerciais, as grandes distribuidoras e os países desenvolvidos. O FICBUEU chega para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público.

Venres 11 de setembro

19:30h – Concerto. Exteriores do Centro Social do Mar. De balde.
20:00h – Gala inaugural FICBUEU 2020. Centro Social do Mar. Entrada de balde, retirando invitación no despacho de billetes.
22:00h – Monólogo: Manuel Manquiña. Centro Social do Mar. Entrada 15€.

Sábado 12 de setembro

11:00h – Proxección Sección Infantil 1. Centro Social do Mar. Entrada de balde, retirando invitación no despacho de billetes.
11:00h – Achegándonos: un café con AGAG. Punto de encontro. Entrada de balde, retirando invitación no despacho de billetes.
12:30h – Proxección Sección Familiar 1. Centro Social do Mar. Entrada de balde, retirando invitación no despacho de billetes.
16:00h – Proxección Sección España. Centro Social do Mar. Entrada 3€.
18:00h – Proxección Sección Experimental 1. Centro Social do Mar. Entrada 3€.
20:00h – Proxección Sección Galicia R. Centro Social do Mar. Entrada 3€.
21:30h – Coloquio Sección Galicia R. Punto de encontro. Entrada de balde, retirando invitación no despacho de billetes.
22:15h – Proxección Sección Galicia R. Centro Social do Mar. Entrada 3€.

Domingo 13 de setembro

11:00h – Proxección Sección Infantil 2. Centro Social do Mar. Entrada de balde, retirando invitación no despacho de billetes.
11:00h – Achegándonos: un café con CREA. Punto de encontro. Entrada de balde, retirando invitación no despacho de billetes.
12:30h – Proxección Sección Familiar 2. Centro Social do Mar. Entrada de balde, retirando invitación no despacho de billetes.
16:00h – Proxección Sección Galicia R. Centro Social do Mar. Entrada 3€.
18:00h – Proxección Sección Experimental 2. Centro Social do Mar. Entrada 3€.
20:00h – Proxección Sección España. Centro Social do Mar. Entrada 3€.
22:15h – Proxección Sección España. Centro Social do Mar. Entrada 3€.

Do luns 14 ao venres 18 de setembro

Proxeccións Sección Internacional: 16:00h, 18:00h, 20:00h e 22:00h. Centro Social do Mar. Entrada 3€.
Martes 15 ás 11:00h – Presentación do Caderno FICBUEU #1: “A Nouvelle Vague a través das súas curtametraxes”. Punto de encontro. Entrada de balde.
Mércores 16 ás 20:00h – Ons: unha rodaxe na illa. Punto de encontro. Entrada de balde.

Sábado 19 de setembro

11:00h – Gala Escolas Galegas. Centro Social do Mar. Entrada de balde, retirando invitación no despacho de billetes.
12:30h – Cinema e música con Buster Keaton. Centro Social do Mar. Entrada de balde, retirando invitación no despacho de billetes.
18:00h – Proxección Sección Comedia. Centro Social do Mar. Entrada 3€.
19:30h – Encontro con Melania Cruz. Punto de encontro. Entrada de balde, retirando invitación no despacho de billetes.
21:00h – Concerto. Exteriores do Centro Social do Mar. De balde.
21:30h – Gala de clausura. Centro Social do Mar. Entrada 3€.

Máis

Hora

11 (Venres) 19:30 - 19 (Sábado) 21:30(GMT+02:00)

Localización

Bueu

Bueu, Pontevedra

Other Events