COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Festival Brétema

09set19:30Festival BrétemaFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 12,00 €19:30(GMT+02:00) CC Vialia

Detalles do eventos

Os próximos sábados 9, 16 e 23 de setembro terá lugar a segunda edición do Festival Brétema. levarán a cabo tres xornadas en espazos independentes, con diversas propuestas e actividades de lecer, culturais e formativas.

Programación

Sábado 9 de setembro: City Sunset no centro comercial Vialia de Vigo.

O propósito desta xornada inaugural do festival é achegar a música electrónica a un público xeral, incluíndo a familias e nenos. Adaptaranse os estilos ao contexto, aproveitando o amplo abanico que nos ofrece a música electrónica. Durante esta xornada, contaremos coas actuacións de Bass Fiction feat MS. Angel (DJ + vocalista), e Jose Macía aka Topi, quen presentará os sons máis soulful e deephouse.

Sábado 16 de setembro: Electro Picnic no miradoiro da Fontenla (Domaio)

O festival, que abrirá as súas portas ás 17h, comezará a xornada ao ritmo de soulful e house, permitindo gozar do atardecer cunhas vistas espectaculares sobre a ría de Vigo. A medida que avance a noite e de maneira progresiva, os sons máis underground do techno serán os protagonistas.

Once artistas forman o cartel , cun artista internacional como Nørbak, presente nos mellores festivais e clubs desde hai xa varios anos. O artista español Kike Pravda, cun longo historial de actuacións por todo o mundo e os artistas galegos, que sempre serán a base deste festival.

Sábado 23 de setembro: Brétema +d no Museo MARCO

Exposición de composicións híbridas entre tecnoloxía e arte, música e estética, ou formación e cultura. Talleres formativos, desenvolvemento de actuacións audiovisuais, demostracións de hardware e coloquios con artistas conforman esta mostra de tecnoloxía e arte audiovisual.

11 a 14:30h – Talleres creativos dirixidos a nenos de entre 5 e 11 anos: ecopercusión, contos teatralizados, creación de chapas

11 a 14:30h – Talleres de produción musical para adultos.

Entradas

Á venda en Ticketrona

Máis

Hora

9 setembro, 2023 19:30(GMT+02:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events