REVISTA ABRIL

Festival Underfest

22set(set 22)20:30Festival UnderfestFESTIVAIS E FEIRAS | 35,00 €20:30(GMT+02:00)

Detalles do eventos

O Underfest SON Estrela Galicia regresa na súa quinta edición aos escenarios vigueses, cos abonos xerais xa esgotados un ano máis, e convertido en cita de referencia do outono musical galego. O festival mantén a súa aposta por ofrecer un formato especial e coidado, cunha oferta musical de variedade, entre o 22 e o 25 de setembro, ampliando un día máis a
programación, e engadindo unha experiencia artística integrada, cunha exposición que percorre 20 anos de cartelismo musical de Erro! Design, alter ego de Xavier Forné, todo un referente a nivel mundial.
O británico Michael Kiwanuka, recoñecido como unha das mellores voces do soul actual e encomiado por prensa e público, encabeza o cartel desta edición de 2022. Kiwanuka é un dos artistas máis solicitados por festivais de medio mundo, e fará a súa estrea en Galicia dentro do festival vigués, o vindeiro xoves 22 no Auditorio Mar de Vigo, con Mychelle, como artista
convidada e coas entradas esgotadas desde hai tempo.
Cupido, unha das bandas de referencia na escena independente nacional, súmanse á programación do festival xunto a un variado elenco de nomes como St Woods, Mandale Mecha, Kamikaze Helmets, Queralt Lahoz, Alex Aller, The Phantom Keys, Néstor Pardo ou Joao Tomba que completan esta V edición xunto aos belgas Goose, o londiniense PM Warson, a espectacular cantante americana Sarah McCoy ou os suecos Diamond Dogs e grupos nacionais como Hidrogenesse, Doutor Explosión ou a moza Judeline, xa anunciados previamente.
Como sempre, un cartel que aglutina distintos estilos musicais e que arrinca este xoves en Vigo, estendéndose ata o domingo 25 por diferentes escenarios da cidade como o Auditorio Mar de Vigo, o Museo MARCO, o Auditorio do Concello e as salas Kominsky, La Iguana Club, Mogambo, Radar, Reserva Rock e Masterclub.

Os abonos xerais para o festival están esgotados desde antes de coñecerse ningún artista da programación. Activouse un Abono Salas para a programación do venres 23 + sábado 24 que tamén se esgotou e do que se poñerán en breve uns poucos máis á venda en Ataquilla.com O festival activará tamén unha cota de entradas individuais para algúns dos
concertos que poderán adquirirse de forma anticipada en Ataquilla.com ou na entrada de cada concerto se o aforo o permite.

Máis

Hora

22 (Xoves) 20:30(GMT+02:00)