VIALIA
bannerPicnicSesions

Festival TerraCeo: Uxía y Javier Ruibal + António Zambujo

08ago20:30Festival TerraCeo: Uxía y Javier Ruibal + António ZambujoCONCERTOS | 30,00€20:30(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Uxía, referente da música galega, e Javier Ruibal, un dos cantautores españois máis destacados, presentan un concerto en formato intimista no que nos convidan a transitar polas sonoridades do flamenco, a música do Magreb e as músicas galegas e lusófonas nunha mestizaxe única. Norte e sur tecendo ritmos e melodías, con composicións propias e ecos de Lorca, Alberti ou Rosalía.

Os dous admíranse mutuamente, teñen unha complicidade que ven de lonxe e posúen en común o rigor e a experimentación, a tradición popular e o compromiso coa súa renovación. Un espectáculo de fusión de músicas e sangues no que estarán acompañados polo virtuoso multi-instrumentista brasileiro Sérgio Tannus e o guitarrista flamenco Marcos Teira.

António Zambujo, recoñecido renovador do fado e un dos artistas portugueses con máis proxección internacional da actualidade, volta a Vigo para ofrecer un concerto con fados tradicionais e outros temas do seu repertorio nun formato intimista, acompañado unicamente pola súa guitarra.

Máis

Hora

(Sábado) 20:30(GMT+02:00)