VIALIA
bannerPicnicSesions

Festival TerraCeo: Sex Museum

04set20:00Festival TerraCeo: Sex MuseumCONCERTOS | 20,00€20:00(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Despois de catro anos de silencio discográfico e máis de 30 anos conservando acendida a chama indómita do rock psicodélico nacional, “ Museexum” supón a consagración definitiva do grupo de Madrid. Unha xoia atemporal tan aceda como salvaxe que agranda o seu legado. Tres décadas de actividade e nin un rasguño. Sex Museum mantivéronse intactos, impertérritos -túzaros, poderiamos dicir-, #ante o paso do tiem po. Con pequenos pero constantes cambios os madrileños poden presumir de converterse nun referente dentro do underground estatal a base de remar ao contraxeito cunha única premisa: seguir sendo fieis a si mesmos.

Oriúndos de Malasaña e activos desde 1985, a súa identidade mantense firme nun álbum que conserva a súa paixón polo fuzz sen abandonar a senda psicodélica que os viu nacer. “ Musseexum”, o álbum número 14 da súa carreira, é unha síntese da súa fórmula maxistral: riffs, distorsión, garage e psicodelia, o ruxido dunha be stia acurralada que está a piques de conseguir a liberdade. Tras celebrar unha extensa xira de case tres anos, o grupo de Madrid decide volver con 13 cancións -incluída unha cover de Dead Moon- nas que se aprecia ao máximo a súa intensidade sonora. Lonxe de sufrir danos colaterais dada a dificultade que conleva, Sex Museum gravaron o álbum en directo. Porque, que é o que máis fixeron xuntos durante todo este tempo? Tocar, tocar e tocar. Poucos grupos coñécense máis entre eles e esa cohesión musical reflíctese en cada un dos segundos de “ Musseexum”.

A base rítmica liderada por Roberto Lozano á batería e Javier Vacas ao baixo sosteñen unha viaxe que Fernando Pardo sabe aproveitar. A súa destreza á guitarra xoga co órgano de Marta Ruiz mentres a voz de Miguel Pardo desprende a honestidade e solidez que o grupo sempre soubo transmitir aos seus seguidores. A inspiración sempre presente e o afán por mergullar novas dimensións sonoras non fan máis que seguir lembrándonos que Sex Museum xa son parte do imaxinario musical do noso país.

Máis