REVISTA ABRIL

Festival TerraCeo: Rober Bodegas

16xul20:30Festival TerraCeo: Rober BodegasCONCERTOS | Desde 15,00 €20:30(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Rober Bodegas trae ao auditorio o seu espectáculo Fango. Fango vai de sentar nunha butaca e ver a un rapaz meténdose en charcos e rirse mentres tenta saír deles, ás veces só cun pouco de barro nas solas e ás veces pringado ata o pescozo. A idea de Fango é facer humor con todos eses temas dos que non se adoita facer humor. Pensa nun tema do que creas que non debería falarse nun monólogo e seguramente o atopes neste show. E aínda que a intención non é volver saír en todos os telexornais, como ocorreu hai un ano, tampouco se descarta que poida volver pasar…

Esta actuación forma parte do Festival TerraCeo, unha serie de concertos e monólogos de humor que terá lugar durante os meses de xullo, agosto e setembro na terraza do Auditorio Mar de Vigo, un espazo diáfano de máis de 2.000 metros cadrados e vistas ás Illas Cíes no que se colocarán unhas 400 cadeiras.

Máis