VIALIA
bannerPicnicSesions

Festival TerraCeo: Coque Malla

30xul20:30Festival TerraCeo: Coque MallaCONCERTOS | Esgotadas20:30(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Coque Malla volve á estrada este verán nunha serie de concertos íntimos en acústico. Obrigados a pospoñer “Revolución Tour?” polas restricións aplicadas a espectáculos nos próximos meses, Coque Malla, xunto ao seu pianista de cabeceira, David Lads, ofrecerá unha serie de sets con piano, guitarra e voz. Coa ilusión de que a música de Coque Malla volva soar nestes meses, de volver celebrar e facelo posible, con máis ganas que nunca e un repertorio cargado de sorpresas chega por fin a “Gira Imposible”

Esta actuación forma parte do Festival TerraCeo, unha serie de concertos e monólogos de humor que terá lugar durante os meses de xullo, agosto e setembro na terraza do Auditorio Mar de Vigo, un espazo diáfano de máis de 2.000 metros cadrados e vistas ás Illas Cíes no que se colocarán unhas 400 cadeiras.

Máis