VIALIA
bannerPicnicSesions

Festival TerraCeo: Ariel Rot e Federico Lechner

24xul20:30Festival TerraCeo: Ariel Rot e Federico LechnerCONCERTOS | Desde 25,00 €20:30(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Ariel Rot rescata para este 2020 o seu espectáculo “Casino Royale”, un show que acompañado do recoñecido pianista Federico Lechner ofrece un paseo pola súa discografía. Ambos se deteñen a descubrir novos matices musicais en cancións que son xa himnos para o público fiel de Ariel Rot. O que lle acompañou desde os seus comezos en Tequila, xunto aos Rodríguez ou nos seus diferentes traballos en solitario; o que se verá máis gratamente sorprendido nesta viaxe que conducen Ariel e Federico en “Casino Royale”. Un show íntimo e cómplice co público concibido con plena liberdade para gozar dunha forma nova de cancións como “Dos de corazones”, “Me estás atrapando otra vez” ou “La milonga del marinero y el capitán”.

Esta actuación forma parte do Festival TerraCeo, unha serie de concertos e monólogos de humor que terá lugar durante os meses de xullo, agosto e setembro na terraza do Auditorio Mar de Vigo, un espazo diáfano de máis de 2.000 metros cadrados e vistas ás Illas Cíes no que se colocarán unhas 400 cadeiras.

Máis