REVISTA ABRIL

Festival TerraCeo: Álex Ubago

31xul20:30Festival TerraCeo: Álex UbagoCONCERTOS | Desde 20,00 €20:30(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Nestes case 20 anos Alex Ubago non parou de compoñer, crear, e colaborar cunha chea de compañeiros nacionais e internacionais: Laura Pausini, Craig David, Amaia Montero, Sharon Corr, Paty Cantú, Raphael, Maite Perroni, ou cun especial proxecto musical xunto a Lena Burke e Jorge Villamizar (Alex, Jorge e Lena) co que se alzou co prestixioso Latín Grammy ao mellor álbum pop en 2011. Desta colaboración xurdiu outro dos temazos máis queridos polos seus fans “Estar contigo”, que conta con máis de 60 millóns de reproducións en Youtube sendo xunto a “Sin miedo a nada” ou “Míranos” baladas referencias do donostiarra.

Esta actuación forma parte do Festival TerraCeo, unha serie de concertos e monólogos de humor que terá lugar durante os meses de xullo, agosto e setembro na terraza do Auditorio Mar de Vigo, un espazo diáfano de máis de 2.000 metros cadrados e vistas ás Illas Cíes no que se colocarán unhas 400 cadeiras.

Máis