VIALIA
bannerPicnicSesions

Volve o Teatro Gorrilla cun festival en Irmandiños

08out18:0021:30Volve o Teatro Gorrilla cun festival en IrmandiñosESPECTÁCULOS | Caixa inversa18:00 - 21:30(GMT+02:00) Zona Irmandiños e Martín Códax

Detalles do eventos

O sábado 8 de outubro volve o Teatro Gorrilla cunha edición festival, onde a programación ocupará toda a tarde do sábado en diferentes bares da zona de Irmandiños. 

Damos comezo á xornada ás 18h en A Casa de Arriba, coa compañía de teatro Mutismo Teatro e a súa peza ‘Romeo y Julieta’, é o nome desta obra que fala da liberdade creativa, o medo ao fracaso e ao amor. 

Continuamos na Cantina Candela ás 19h cun dúo cómico da man de Santi Prego e Jorge de Arcos e a súa obra ‘O teatro más pequeno do mundo‘, que tentan parar o mundo coas suas historias improvisadas. Ás veces dan certo, e hai un momento altamente poético. Pero é máis divertido cando fracasan. 

Ás 20h damos paso a Alba Troiteiro, artista plástica e performática, coa súa peza ‘Apropósito dese equilibrio’, que expón un universo particular onde se profundiza sobre a linguaxe das emocions a través da plástica do corpo e do xogo. A constante búsqueda dunha balanza sen forma que se desenvolve como auga que flúe, auga que rompe ou auga que molla formando bocetos de movemento a través dun xogo; o hula hoop. Esta intervención terá lugar na rúa do Tinta Negra.

Rematamos o festival na Sala Kominsky ás 21h coa peza de danza ‘Chevalier‘ por Salomón Penso, bailarín, coreógrafo, intérprete e investigador da danza contemporánea. 

Este proxecto autoxestionado e alternativo que Sergio Llauguer, Laura Merchán e Eva Comesaña levan a cabo, pretende transformar e democratizar a cultura na cidade olívica, levando propostas contemporáneas de artes escénicas aos bares, lugares cheos de vida que apoian o arte a través de múltiples concertos, por iso, queren que as artes escénicas
tamén teñan presenza nestes espazos non convencionais, e así, visibilizar novas propostas de artistas independetes da Galiza.
Teatro Gorrilla comeza como resposta á baixa visibilidade das artes escénicas e a escaseza de espazos para a sua práctica e desfrute na cidade de Vigo.
O funcionamento de taquilla inversa, é a de aportar polo espectáculo unha vez sexa disfrutado e así valorar canto queres pagar por él, sendo o mínimo recomendado de 3€. Isto está inspirado no teatro de rúa onde se pasa “pasa a gorra”.

Máis

Hora

(Sábado) 18:00 - 21:30(GMT+02:00)

Localización

Zona Irmandiños e Martín Códax

Rúa dos Irmandiños, 5 36201 Vigo Pontevedra

Other Events