REVISTA MAIO

Teatro Gorrilla: Meiga.I

20mai22:00Teatro Gorrilla: Meiga.IESPECTÁCULOS | Taquilla inversa22:00(GMT+02:00) Tinta Negra

Detalles do eventos

Este sábado 20 de maio gozamos do clásico Festival Teatro Gorrilla onde varios bares da zona de Irmandiños acollen pezas de teatro, danza e varietés.

O festival funciona con sistema de taquilla inversa, é dicir, pasando a gorra despois de cada actuación. A aportación recomendada é de, como mínimo, 3€ por actuación.

Programa:

19h na Cantina CandelaEva Comesaña e o seu work in progress Cómo alabar en voz alta un solo de danza contemporánea onde a palabra e a xestualidade se unen para por de manifesto e reflexionar sobre o feito de dar e recibir, e entender o que hai no medio de ambas.

20h na A Casa de Arriba – Con María de las Llanderas e un fragmento da súa peza A idea primaria é esnaquizalo a cabezadas, espectáculo que xira en torno a entrevisas feitas á súa nai, quen compartiu cidade e xeración coa poeta Xela Arias. Nestas conversas, apareceu repetidamente o clima de inestabilidade, tensión e perda que viviu a súa xeración nos anos oitenta. Esta performance é un pequeno ritual dedicado a ela.

21h na Sala Kominsky – Continuamos a valeda na Sala Kominsky con Clara Ferrao e Carlos Salomón Penso e o seu work in progress La Cura, un dúo de danza contemporánea. Marionetas forjadas con caricias y golpes, las manos desnudas. Coger el cuerpo dónde sea, ciclo. Quiero colapsar.

22h no Tinta negra – Con Meiga.I que presenta No clareo, unha peza con canto, pouco traballo e moito lercheo. Sae lúa, sae clara. Xuntámonos no lavadoiro para facer o propio: fregar as penas, airear os amores e botar uns romances ao clareo. Lémbrate de traer as roupas brancas para clarear.

23h na Sala Kominsky – Remate do festival cun DJ SET de Nenaza e Heterita para festexar a entrada da primavera e todo o que teñades que botar para fora.

Máis

Hora

20 maio, 2023 22:00(GMT+02:00)

Localización

Tinta Negra

Rúa dos Irmandiños, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events