REVISTA ABRIL

Festival Solidario Sorrisos para Ucraína

05xuñ19:30Festival Solidario Sorrisos para UcraínaPEQUERRECHOS | Desde 10,00€19:30(GMT+02:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

A guerra de Ucraína provocou a maior crise de refuxiados en Europa desde a segunda guerra mundial. Máis de 12 millóns de persoas, a maioría mulleres e nenos, abandonaron os seus fogares, das que uns cinco millóns fuxiron aos países veciños, incluíndo España. Co obxectivo de que UNICEF poida continuar dando resposta ás urxentes necesidades da infancia e as súas familias no ámbito da saúde, nutrición, protección e educación, Afundación, coa colaboración do Pallaso Popín e a Fundación Mayeusis, promove o Festival Solidario Sorrisos para Ucraína a prol de UNICEF. «Impactado pola crueza da guerra na infancia, púxenme mans á obra para mobilizar todo o elenco que é parte deste festival solidario a prol de UNICEF.

Artistas, músicos, bailaríns, cómicos, magos e pallasos unímonos de forma totalmente desinteresada para ofrecer, o vindeiro domingo 5 de xuño no Teatro Afundación de Vigo, os nosos mellores espectáculos cheos de humor, maxia e cor», apuntou Adolfo Maguna, Pallaso Popín. O Festival Sorrisos para Ucraína consta de dúas funcións. A primeira, ás 12.00 h, dirixida ao público infantil e familiar, na que se gozará dos espectáculos de Pallaso Popín, o Conservatorio Mayeusis, Barafunda Animación, Troula Animación, Mago Rey Midas, Voltereta e Volvoreta, Ronny Macarroni, Mago Marco, Jessy Bolbolúa, Pinky e Unidance Escuela de Baile.

A segunda función, dirixida a un público adulto, terá lugar o mesmo domingo, 5 de xuño, ás 19.30h. Presentado por Beatriz Serén, poderemos rir co humor de Sergio Pazos, Arantxa Treus, Carlos Veleiro, Gossip Bufón e gozar da música de Juanjo Cura e das artistas ucraínas Marta Bachek ―pianista―, Mariam Nasaridze ―mezzosoprano― e Iryna Morozova ―violonchelista―.

Máis

Hora

(Domingo) 19:30(GMT+02:00)