REVISTA ABRIL

Festival Sinsal

22xul(xul 22)14:4524(xul 24)21:45Festival SinsalFESTIVAIS E FEIRAS | Entradas esgotadas14:45 - 21:45 (24)(GMT+02:00) Illa de San Simón

Detalles do eventos

Sinsal SON Estrella Galicia é un dos encontros sonoros máis coidados e singulares do panorama musical estatal. Desde os seus inicios, a promotora viguesa Sinsalaudio impulsou un evento cultural para visualizar as artistas próximas á creación contemporánea da escena galega e estatal, mais tamén con espazo para bandas do ámbito internacional; artistas que, máis adiante, formaron parte de carteis de grandes festivais e de salas de concertos de todo o mundo. Ao longo destas dúas décadas, Sinsalaudio xerou un ecosistema único no panorama de eventos musicais e, desde 2010, celebra o Sinsal SON Estrella Galicia na illa de San Simón, do que salienta o seu cartel: un programa secreto para as e os asistentes, que confían no criterio de Sinsalaudio para gozar das creacións máis estimulantes e vangardistas. Na súa edición de 2022, na que celebra o seu viséximo aniversario, Sinsal SON Estrella Galicia mantén o seu tradicional cartel secreto. Serán tres xornadas de directos con propostas musicais contemporáneas e diversas, en canto a estilo e orixe das bandas e artistas, cunha única actuación por grupo. Destas bandas, chegadas de diferentes continentes, o 90% actuarán por vez primeira en Galicia.

O festival Sinsal SON Estrella Galicia ultima detalles da súa nova edición, que se celebrará os días 22, 23 e 24 de xullo na illa de San Simón, na ría de Vigo. O evento, promovido por Sinsalaudio, dá hoxe a coñecer a programación de actividades paralelas que terán lugar durante o evento. Microconcertos acústicos e para público reducido na illa de San Antón, actividades acuáticas de pedal surf e obradoiros creativos familiares son algunhas das iniciativas que o público que asista ao Sinsal SON Estrella Galicia 2022 poderá gozar durante a celebración do festival, para o que xa están todos os abonos esgotados así como as entradas do sábado 23 e domingo 24. Precisamente estes dous últimos días serán nos que se celebren os concertos acústicos na illa de San Antón (á que se accede desde San Simón a través da ponte). Sinsalaudio recupera este ano o escenario da emblemática illa para ofrecer microconcertos singulares, baixo a denominación “San Antón Acústico”, que terán lugar ao longo da xornada, pero que serán para asistentes limitados: unha parella, unha familia ou un grupo de 4-6 persoas como máximo. Serán actuacións moi especiais e exclusivas, con agrupacións galegas que se incorporan ao cartel de Sinsal SON Estrella Galicia pero que unicamente ofrecerán actuacións neste formato.

Horarios e saídas dos barcos

Os barcos de Vigo sairán do porto (pantalán num. 3 atraque 5), mentres que os de Meirande sairán do Centro de Interpretación de Rande. O horario de volta que se reflicte na táboa é a hora de saída desde San Simón. Lembra chegar ao embarcadoiro cun mínimo de 30 minutos de antelación 🙂 

DATA EMBARCADOIRO
Venres 22  Vigo (14:45h-22:30h)
Venres 22 Meirande (16:15h-21:45h)
Sábado 23 Vigo (11:45h-22.30h)
Sábado 23  Meirande (13:15h-21.45h)
Domingo 24 Vigo (11:45h-22.30h)
Domingo 24  Meirande (13:15h-21.45h)

Máis

Hora

22 (Venres) 14:45 - 24 (Domingo) 21:45(GMT+02:00)

Localización

Illa de San Simón

Illa de San Simón, Pontevedra

Other Events