
Detalles do eventos
A esencia do Festival Sinsal persiste. Sinsalaudio recupera este mes de outubro unha das súas propostas sobranceiras, Sinsal Outono, un ciclo de concertos vinculados á experimentación e á
Festival Sinsal Outono: Multiplensemble e Marta Verde & José Venditti
A esencia do Festival Sinsal persiste. Sinsalaudio recupera este mes de outubro unha das súas propostas sobranceiras, Sinsal Outono, un ciclo de concertos vinculados á experimentación e á creación contemporánea que se desenvolven en espazos singulares do municipio de Vigo. Este retorno á experimentación e á vangarda de Sinsal Outono explicítanse tamén na escolla dos espazos de desenvolvemento do ciclo, xa que a actividade se concentrará en dous recintos vinculados á creación na cidade viguesa: o Museo de Arte Contemporáneo, (MARCO), que acollerá as sesións sonoras e visuais, e o Conservatorio Superior de Música, no que terán lugar os parladoiros.
Así, o domingo 31, entre as 19:30 e as 22:00 horas, unha das salas de exposición do MARCO acollerá as propostas de Multiplensemble e Marta Verde & José Venditti.
A primeira das actuacións, baixo o título Plasma, chegará da man de Rafael Yebra no saxofón e do vigués Pedro González no violín e electrónica. O dúo combinará as posibilidades que ofrece a electrónica e videocreación como mostra do panorama que se está a cocer na actualidade musical de nova creación.
De seguido, será a quenda de OMEN, a performance de artes visuais ao vivo que ofrecerán Marta Verde e José Venditti. O proxecto parte da idea do presaxio ou augurio (Omen), coa intención de achegar ao público, a través dos límites entre melodía e ruído, a posibilidade de imaxinar outros mundos posibles a través da abstracción sonora e visual.
Domingo 31 ás 19:30
As entradas para asistir aos concertos dos días 31 de outubro e 1 de novembro xa están a venda na plataforma Enterticket
PROGRAMACIÓN
- Sábado 30: Conferencia ‘Perspectivas multimedia na música de nova creación’
- Domingo 31: Multiplensemble e Marta Verde & José Venditti
- Luns 1: Henrique Portovedo e Dead Line
- Martes 2: Conferencia ‘Do acústico ao HASGS. Presentación do Hybrid Saxophone of Gestural Symbiosis’
Máis

(Domingo) 19:30
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra