CANS
XERAIS

Cartografía do pracer

25abr18:30Cartografía do pracerACTIVIDADES PARA O COCO | Desde 30,00€18:30(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

«Cartografía do pracer» Obradoiro de sexualidade para mulleres.

Prisma @prismaigualdad convídanos a realizar xuntas “Cartografía do pracer”, xuntándonos en tres obradoiros:

🔸𝐄𝐱𝐩𝐥𝐨𝐫𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐚𝐬 𝐧𝐨𝐬𝐚𝐬 𝐨𝐫𝐢𝐱𝐞𝐬: Aborda a sexualidade explorando os comezos, as primeiras veces, as crenzas limitantes que temos adquirido en torno á sexualidade dende a infancia e a adolescencia. Na procura do pracer traballaremos contidos como a relación co propio corpo, mitos como a virxindade, as miradas externas, a construción do amor ou a violencia sexual. Anímaste a explorar con nós?

🔸𝐍𝐚𝐯𝐞𝐠𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐞𝐧𝐭𝐫𝐞 𝐞𝐭𝐚𝐩𝐚𝐬: Aborda a sexualidade na xuventude e na madurez, as idealizacións, os mandatos, as dependencias, o amor e o erotismo. Continuamos con ese mapa persoal na procura do pracer para encontrarnos a nós mesmas. Onde está o noso pracer en medio de todos os discursos externos? Imos navegar entre preguntas ata atopar as incertezas e certezas que nos permitan coidarmonos do mellor xeito.

🔸𝐃𝐞𝐬𝐜𝐮𝐛𝐫𝐢𝐧𝐝𝐨 𝐚 𝐩𝐥𝐞𝐧𝐢𝐭𝐮𝐝𝐞: Aborda a sexualidade na madurez e na vellez. A vellez é un privilexio que non se concede a todo o mundo, así que dende esa perspectiva optimista imos descubrir procesos como o climaterio, a menopausia, e o obxectivo final: converternos en maiores sen regras. O noso obxectivo neste último obradoiro é permitirnos a sorpresa que abrangue outra nova etapa, chea de posibilidades de liberdade, saúde e vida plena.

A cartografía do pracer está deseñada para ser unha experiencia completa, de modo que os obradoiros conversan e se conectan. Malia isto pódense facer por separado, escollendo facer con nós a parte do camiño que queiras e poidas. Nosoutras agardamos por todas.

🗓️ Xoves 25 de abril, 16 de maio e 13 de xuño

🕓 De 18:30 a 20:30

🎟️ Cada obradoiro individual: 30€/ 25€ para matrocinadoras

O total dos 3 obradoiros: 75€/60€ para matrocinadoras

Máis

Hora

(Xoves) 18:30(GMT+02:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events