
Festival Nas Ondas: Multiplensemble
Detalles do eventos
O pasado 10 de febreiro comezaba #NASONDAS2020, o Festival da Música e das Artes do Conservatorio Superior de Música de Vigo que, este ano, tiña ademáis na celebración
Detalles do eventos
O pasado 10 de febreiro comezaba #NASONDAS2020, o Festival da Música e das Artes do Conservatorio Superior de Música de Vigo que, este ano, tiña ademáis na celebración do 250 aniversario do nacemento de L. v. Beethoven un eixo temático destacado. A data de remate prevista era o pasado 4 de xuño. Non obstante, debido á aparición da COVID-19, numerosos eventos do mesmo tiveron que ser aprazados. Por iso, o #CSMV reprograma no mes de outubro algúns dos eventos non realizados na data prevista inicialmente.
O Conservatorio Superior de Música de Vigo quere que a reprogramación do Festival NAS ONDAS, neste momento de tanta incerteza, sirva tanto para apoiar ao ámbito cultural como para constatar a importancia que a propia institución ten nel.
Multiplensemble
Galiza em Portugal e vice-versa. Conexão eletroacústica.
Rafael Yebra, saxofóns
Dimitris Andrikopoulos, electrónica
Múltiple é o sinal de identidade dun colectivo de artistas heteroxéneos que conflúen nunha proposta común en espazos de desenvolvemento, creación e difusión de proxectos comprometidos coa actualidade artística e o momento que estamos a vivir
Máis
Hora
6 outubro, 2020 20:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
- Mes actual