Festival Nas Ondas: Trío Voluntas
Detalles do eventos
O pasado 10 de febreiro comezaba #NASONDAS2020, o Festival da Música e das Artes do Conservatorio Superior de Música de Vigo que, este ano, tiña ademáis na celebración
Detalles do eventos
O pasado 10 de febreiro comezaba #NASONDAS2020, o Festival da Música e das Artes do Conservatorio Superior de Música de Vigo que, este ano, tiña ademáis na celebración do 250 aniversario do nacemento de L. v. Beethoven un eixo temático destacado. A data de remate prevista era o pasado 4 de xuño. Non obstante, debido á aparición da COVID-19, numerosos eventos do mesmo tiveron que ser aprazados. Por iso, o #CSMV reprograma no mes de outubro algúns dos eventos non realizados na data prevista inicialmente.
O Conservatorio Superior de Música de Vigo quere que a reprogramación do Festival NAS ONDAS, neste momento de tanta incerteza, sirva tanto para apoiar ao ámbito cultural como para constatar a importancia que a propia institución ten nel.
Trío Voluntas
Roberto Noche, clarinete
Alejandro Costas Martínez, cello
Alejandro Costas Martínez, cello
Patricia Rejas, piano
A primeira obra é un exemplo da relación entre Anton Stadler e Mozart, que tamén se pode apreciar ao longo de toda a súa obra camerística, solista, operística e tamén da orquestal. Este trío, composto o 5 de agosto de 1786, é anotado polo compositor no seu catálogo como Ein Terzett für Klavier, Clarinett und Viola. A tonalidade Elixida é a que Mozart emprega nos seus últimos traballos camerísticos para indicar unha estreita relación de amizade e suxire posiblemente a condición de irmáns da misma loxia masónica. Toma erróneamente o sobrenombre de Kegelstatt a partires dunha anotación manuscrita no autógrafo dos 12 Dúos para Trompa KV. 487 compostos pouco tempo antes, na que di o seguinte: “Vienna, 27 de xullo de 1786, compostos mentras xogo aos bolos”. O sobrenome engadido dende as primeiras edicións, non se basea polo tanto en ningunha evidencia escrita. En cambio si sabemos que foi adicada a Franziska Jacquin –alumna de Mozart– quen estreou a obra xunto a Mozart e Stadler na súa propia casa. No 1788 é publicada por Artaria como Trio per clavicembalo o fortepiano con accompagnamento d´un violino e viola … si può eseguire anche con un clarinetto, esta é a razón pola que se interpreta con diversas configuracións instrumentais como é o caso deste concerto.
Máis
Hora
22 outubro, 2020 20:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes