UVIGO
FILLOAS

Festival Nas Ondas: Música para piano

15out20:00Festival Nas Ondas: Música para pianoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

O pasado 10 de febreiro comezaba #NASONDAS2020, o Festival da Música e das Artes do Conservatorio Superior de Música de Vigo que, este ano, tiña ademáis na celebración do 250 aniversario do nacemento de L. v. Beethoven un eixo temático destacado. A data de remate prevista era o pasado 4 de xuño. Non obstante, debido á aparición da COVID-19, numerosos eventos do mesmo tiveron que ser aprazados. Por iso, o #CSMV reprograma no mes de outubro algúns dos eventos non realizados na data prevista inicialmente.

O Conservatorio Superior de Música de Vigo quere que a reprogramación do Festival NAS ONDAS, neste momento de tanta incerteza, sirva tanto para apoiar ao ámbito cultural como para constatar a importancia que a propia institución ten nel.

Música para piano
Alberto Vilas (piano e composición)
A última aventura compositiva do pianista Alberto Vilas lévao ao máis íntimo, ao encontró co seu instrumento ensolitario para dar lugar á expresión máis honesta da música que sae de si mesmo. Logo de ter composto e gravado discos para formacións do máis variado e ter participado en proxectos tan diferentes coma grupos de jazz, grupos de tango, folk, clásica, contemporánea, ter composto bandas sonoras de documentais e actuado en numerosísimos escenarios tanto coma líder do seu proxecto ou mesmo coma parte dun grupo, chega agora ao momento de atoparse consigo mesmo, de deixar soar a súa propia voz con toda claridade e para iso compón un repertorio para piano só que el mesmo interpreta. Máis que probada a súa versatilidade coma músico podemos dicir que a súa música é precisamente froito de todas esas experiencias sonoras. Nas súas composicións podemos atopar todo tipo de influencias dos máis variados estilos, mais a estas alturas xa non hai nengunha dúbida de que ten unha personalidade e unha voz propia e inconfundible. Neste novo proxecto reivindica a calma, o silencio, a reflexión, a poesía, o sentir máis íntimo, fuxindo do artificio, do ruído imperante na sociedade e na música, da excesiva tecnificación da arte. É un encontro consigo mesmo nesta parte do camiño da súa vida polo que tamén ten algo de biográfica, máis tamén de denuncia de distintas cuestións que salpican os nosos tempos. É esta unha música limpa e sinceira,nada pretenciosa nen artifiosa, que busca a comunicación directa con quen a escoita.

Máis

Hora

15 outubro, 2020 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events