COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Festival Kerouac: Vigopoético

21out19:00Festival Kerouac: VigopoéticoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde19:00(GMT+02:00) Detrás do MARCO

Detalles do eventos

Dez anos despois, contra vento, marea e virus, os organizadores do festival, a vigueses Vanesa Álvarez e Marcos de la Fuente, presentan unha edición híbrida con dous eventos presenciais: un recital na rúa Londres, en O Muro dxs poetas, espazo creado polo propio festival en 2017, muro de poemas en azulexo e lugar de visita obrigado para os amantes da poesía. Será o mércores 21, día orixinal do festival – que foi elixido por ser o día que morreu Jack Kerouac -, cunha representación do Vigopoetico composta nesta ocasión por Graciela Baquero Ruibal, Oriana Méndez, Malvares de Moscoso, Constance Hurlé ou Anna R. Figueiredo, entre outras.

O segundo evento en vivo será o xa coñecido Poemobil, que circulará polas rúas de Vigo do mércores 21 ao sábado 24 de outubro, asolagando a cidade de poesía cos seus altofalantes. Este ano debido á pandemia sen poetas no seu interior, pero con poemas en audio enviados por poetas de todo o mundo para a cidade de Vigo.

Se queredes coñecer toda a programación online do festival tedes toda a información nesta ligazón.

Máis

Hora

21 outubro, 2020 19:00(GMT+02:00)

Localización

Detrás do MARCO

Rúa Londres, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events