VIALIA
bannerPicnicSesions

Festival de Danza Moderna

18xuñ19:00Festival de Danza ModernaESPECTÁCULOS | De balde19:00(GMT+02:00) Centro Cultural Helios Bembrive

Detalles do eventos

A danza moderna chega a Beade esta fin de semana. 3 grupos de baile de diferentes asociacións amosarán o seu talento o sábado 18 no S.C.D.R. Helios de Bembrive a partir das 19:00. Esta é a derradeira data desta edición que, agarda, repetir o ano que ven. Non é a primeira vez que a organización sen ánimo de lucro Agrupación de Centros Deportivos e Culturais organiza este ciclo, que achega este estilo de danza a tres escenarios diferentes. Mentres pon en valor o baile, dinamiza estas zonas e achega á xente un pouco máis ás súas parroquias, a Agrupación desmárcase unha vez máis como unha aposta pola cultura local da periferia.

A programación, que xa deu comezo a primeira semana de xuño, consta de tres datas:
Sábado 04 xuño / 19:00h. – C.C.R de Cabral
Giro ́s de Matamá
As Sereas de Valladares
Sábado 11 xuño / 19:00h. – C.S.C.R. de Beade
Flashdance de Cabral
Grupo de baile O Fiadeiro
Traspés
Sábado 18 xuño / 19:00h. – S.C.D.R. Helios de Bembrive
Grupo de baile moderno C.S.C.R. de Beade
En Danza A.V.D.C. de Cabral
Baile Moderno Helios

Máis

Hora

(Sábado) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Centro Cultural Helios Bembrive

Estrada de Bembrive, s/n, 36313 Vigo, Pontevedra

Other Events