VIALIA
bannerPicnicSesions

Festival de corais

05nov18:30Festival de coraisCONCERTOS | De balde18:30(GMT+01:00) Auditorio CSCR de Beade

Detalles do eventos

A Dirección do C.S.C.R. de Beade ven de presentar unha renovada programación cultural que centra a atención na “cereixa”, froito polo que é coñecida a parroquia viguesa.

Tomando como referencia as estacións, o nome irá mudando en relación a cada unha delas, sendo plasmado en cada cartaz polo artista vigués “Jose Miranda”.

“Cereixa de auga” é o nome que abre esta nova etapa, facendo alusión á choiva que está presente durante os meses de outono e inverno.

O mes de novembro é inagurado polo “Festival de corais”, un evento no que estarán presentes a Masa Coral do C.S.C.R. de Beade, o Coro Cantos de Liberdade e o Grupo Coral da Casa da Gaia (Portugal). O acto terá lugar o 5 novembro ás 18:30H no Auditorio do C.S.C.R. de Beade. Entrada de balde.

A continuación, é a quenda do “Magosto”, unha festividade que contará coa música en directo do Grupo de pandereteiras “A Volta do Demo” e Gaiteiros “Arume”, ambas formacións do C.S.C.R. de Beade. A ración de castañas con vaso de viño ou auga terá un módico prezo de 1€. A xuntanza será o 12 de novembro ás 19:00H nas instalacións da A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade.

A mediados de mes, concretamente o sábado 19, o C.S.C.R. de Beade acolle o “Concerto de Santa Icía” organizado pola Banda – Escola de Música de Beade, no que actuará a Banda de Música de Beade ás 19:00H no Auditorio do C.S.C.R. de Beade. Entrada de balde.

Seguidamente, a moda volve tras 4 anos de ausencia. As veciñas e veciños da parroquia viguesa serán os grandes protagonistas do “Desfile de moda”, que contará con casas comerciais e emprendedores que foron quen de vestir a recoñecidos músicos galegos de actualidade. O evento terá lugar o 26 novembro ás 19:30H no Auditorio do C.S.C.R. de Beade. Entrada de balde.

Finalmente, o 27 de novembro está programado un “Festival de baile moderno”, de carácter benéfico, tendo como convidados a Community Dancers do C.S.C.R. de Beade e o Grupo de danza Flashdance (Cabral). Dará comezo ás 17:00H no Auditorio do C.S.C.R. de Beade. A entrada será mediante a doazón de 1KG de alimentos non perecedoiros.

Máis

Hora

(Sábado) 18:30(GMT+01:00)

Localización

Auditorio CSCR de Beade

Estrada Coutada, Nª42, C.P.: 36312, Vigo (Pontevedra)

Other Events