
Festival de Cine Inclusivo de Vigo
Detalles do eventos
17:00h VIG-IN DOC Crip Camp (A Disability Revolution) EEUU / 2020 / 108’ / VOSE Dirección: James Lebrecht
Detalles do eventos
17:00h VIG-IN DOC
Crip Camp (A Disability Revolution)
EEUU / 2020 / 108’ / VOSE
Dirección: James Lebrecht e Nicole Newnham
Este revolucionario campamento de verán, organizado por hippies, animou a un grupo de mozos discapacitados a fundar o movemento que forxaría un novo camiño cara a unha maior igualdade. Barack e Michelle Obama son os produtores executivos deste estimulante documental sobre o activismo pioneiro, que trata sobre a experiencia emocional de atopar a túa comunidade e a ti mesmo por primeira vez. O poder de decatarse de que unha vida mellor é posible a través dos cambios sociais.
Crip Camp, gañadora do Premio do Público no Festival de Sundance, pretende dar voz a colectivos xeralmente silenciados e inspirarnos a poñer en práctica os conceptos de inclusión e accesibilidade no noso día a día.
20:30h INAUGURACIÓN VIIFF
De chaque instant / En todo momento
Francia / 2018 / 105’ / VOSE
Dirección: Nicolas Philibert
Fóra de concurso
Tras proxectarse nos festivais de Locarno, Montreal, Río ou Amsterdam, chega a Vigo o último traballo do respectado documentalista francés Nicolas Philibert, autor da popular Ser y tener (2002). Estando hospitalizado quedou sorprendido polo gran labor que realiza diariamente o persoal sanitario, polo que decidiu dedicar o seu último filme ao traballo de enfermeiros e enfermeiras. A proxección realízase en colaboración coa Alliance Française de Vigo e o Institut Française, e a ela asistirán asociacións e colexios de enfermeiros/as e médicos/as.
Matriculados en institutos de formación en enfermería, cada ano miles de estudantes (principalmente mulleres) empregarán o seu tempo entre clases, exercicios e prácticas. Un proceso difícil durante o cal deberán asimilar unha gran cantidade de coñecementos, dominar varias técnicas e prepararse para asumir duras responsabilidades.
Máis
Hora
13 outubro, 2020 17:00 - 21:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual
Séguenos nas redes