UVIGO
FILLOAS

Festival de Cine Inclusivo de Vigo

16out17:3020:30Festival de Cine Inclusivo de VigoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde17:30 - 20:30(GMT+02:00) Teatro Salesianos

Detalles do eventos

17:30h SECCIÓN OFICIAL DE FICCIÓN

Nematoma / Bailando entre la niebla

Lituania / 2019 / 100’ / VOSE

Dirección: Ignas Jonynas

Jonas finxe que é cego para entrar nun concurso de baile de televisión, onde coñece á súa atractiva compañeira de baile, Saulé. Pronto convértense nos concursantes máis populares do show. Ao mesmo tempo, Vytas, un vello coñecido de Jonas, sae de prisión con sede de vinganza.

Película gañadora do Premio Glocal in Progress do Festival de San Sebastián.

20.30h VIG-IN DOC

Ara Malikian: una vida entre las cuerdas

España / 2019 / 88’

Dirección: Nata Moreno

Venres 16 de outubro. 20:30h. Cine Salesianos.

Imaxinas saír dunha guerra con catorce anos? Deixar tras de ti á túa familia entre as bombas e ter por diante o mundo descoñecido e un violín? Este documental conta a historia do polifacético violinista Ara Malikian. Un percorrido pola súa vida e a súa incuestionable achega á música clásica e contemporánea.

Ao longo do seu xa extensa carreira conseguiu achegar a música clásica a todos os públicos, maiores e crianzas, manexando todos os xéneros sen prexuízos, desde Bach a Led Zeppelin, e coa multiculturalidade por bandeira. Seguirémolo durante a súa última Xira Sinfónica por España e países como Líbano, Francia, Inglaterra, China, Rusia, Marrocos, Arxentina, Uruguai ou Alemaña.

A cinta da zaragozana Nata Moreno foi galardoada co Premio Goya ao Mellor Documental en 2020.

Máis

Hora

16 outubro, 2020 17:30 - 20:30(GMT+01:00)

Localización

Teatro Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events