Festival de Cine Inclusivo de Vigo
Detalles do eventos
17.30 h VIG-IN DOC Midnight Family / Urgencias en México DF México – EEUU / 2018 / 81’ Dirección:
Detalles do eventos
17.30 h VIG-IN DOC
Midnight Family / Urgencias en México DF
México – EEUU / 2018 / 81’
Dirección: Luke Lorentzen
Xoves, 15 de outubro. 17h. Auditorio Municipal do Concello de Vigo
Juan Ochoa ten 17 anos pero xa é condutor de ambulancias en México DF, unha cidade de máis de nove millóns de persoas onde o goberno tan só pon ao dispor dos cidadáns 45 ambulancias. Ante tan desoladora perspectiva, Juan e a súa familia, os Ochoa, decidiron facer negocio, tal e como moitos outros, e montar a súa propia ambulancia privada.
Cuarto traballo de Luke Lorentzen, que lle outorgou recoñecemento internacional en festivais como IDFA, Sheffield ou Xixón, onde logrou o Premio FIPRESCI á mellor dirección, así como o prestixioso festival de Sundance, onde se fixo co Gran Premio do Xurado á Mellor Fotografía.
20.30h SECCIÓN OFICIAL DE FICCIÓN
Remember me
EEUU / 2019 / 88’ / VOSE
Dirección: Martín Rosete
Xoves 15 de outubro. 20h. Auditorio Municipal do Concello de Vigo
Ao decatarse de que á muller que foi o amor da súa vida é diagnosticada de Alzheimer e vivía ingresada nunha residencia, Claude, viúvo xubilado, decide finxir a enfermidade para estar alí, xunto a ela, e facerlle lembrar o seu amor.
Para esta película, o director madrileño Martin Rosete traballou con actores da talla de Verónica Forqué, Brian Cox, Caroline Silhol, Sienna Guillory ou o lendario Bruce Dern, con seis décadas de carreira ás súas costas.
Máis
Hora
15 outubro, 2020 17:30 - 20:30(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes